Traducir é moito máis que simplesmente transferir un texto dunha lingua de partida a unha lingua de chegada. Traducir require creatividade e un coñecemento especializado profundo. Os nosos tradutores posúen ambas faculdades. Esta combinación óptima è a base do noso amor pola nosa profesión e da calidade do noso traballo.
Por máis de vintecinco anos levamos traducindo unha ampla gama de textos para un grande número de clientes de diversos sectores. Contratos, documentación para conferencias, negocios e informes científicos son só algunhas das áreas nas que nos especializamos. Sempre encontramos as palabras adecuadas e o estilo desexado para traducir o seu texto a outra lingua.
Os tradutores da nosa equipa internacional teñen a competencia intercultural na punta dos dedos. Todos eles teñen vivido na Alemaña e no estranxeiro e pensan tanto na súa lingua materna como na lingua de partida. Moitos dos nosos tradutores están acreditados ante os tribunais alemáns. Na TITELBILD podemos garantir traducións de alta calidade unidas a unha eficiente dirección de proxectos.
Tamén proporcionamos consultoría lingüística, revisamos e editamos os seus textos, e recopilamos bases de dados terminolóxicas e glosarios para compañías, empregando para iso as ferramentas informáticas máis avanzadas como SDLX, Trados e Wordfast, que garanten a calidade traductolóxica que vostede precisa.